excesivo -va

excesivo -va
Plural: excesivos Masculino: excesivo Masculino plural: excesivos Feminino: excesiva Feminino plural: excesivas
adx

Que excede en cantidade ou en número o límite do normal ou necesario.

Refranes

  • A besta leva ben a carga, mais non a sobrecarga.
  • A cera sobexa queima a igrexa.
  • A mala costureira pon o fío de vara e media.
  • A moita seca trae ás veces a moita mollada.
  • As veces o labrador, por moito estercar, non lle vai mellor.
  • Auga enriba de auga nin cura nin lava.
  • Mata a sobrecarga pero non mata a carga.
  • Non se ha de espremer tanto a laranxa, que amargue o zume.
  • Non sexa tanta a cera que prenda lume.
  • Non sexa tanto o turrar, que rompa a corda.
  • O burro que moito carga, logo rompe o aparello.
  • O moito comer trae o pouco comer.
  • O que moito corre, logo para.
  • Ó que moito se agacha véselle o que por sabido se cala.
  • Ola que moito ferve, sazón perde.
  • Para auga enriba de auga non hai coroza nin capa.
  • Quen máis mira, menos ve.
  • Quen todo o nega, todo o confesa.
  • Tan malo é pecar por carta de máis como por carta de menos.
  • Tanto lles quere o demo aos fillos que lles arrinca os ollos.
  • Tanto quixo a vella fiar, que non se puido levantar.