estante

estante

lat stante, p pres de stāre ‘estar de pé’

Plural: estantes
  1. s m

    Táboa ou prancha que se coloca horizontalmente contra unha parede ou como peza dun moble, para colocar cousas enriba.

  2. s m

    Moble con andeis, xeralmente sen portas, que se usa normalmente para colocar libros.

Sinónimos