estabilidade
lat stabilitāte ‘firmeza’
-
s
f
Calidade de estable.
-
s
f
[FÍS ]
Propiedade dun corpo en flotación de volver á súa posición de equilibrio cando se separou desta por unha causa externa.
-
s
f
[FÍS ]
Facultade dun sistema material de manterse en equilibrio ou de volver ao estado de equilibrio cando actúan forzas sobre el que tenden a afastalo deste equilibrio.
-
s
f
[QUÍM ]
Calidade dunha substancia de conservar as súas propiedades no tempo.
-
s
f
[ALIM ]
Período de tempo durante o que un alimento mantén unhas calidades satisfactorias, que depende dos seus compoñentes, do proceso de elaboración, do tipo de envasado, da súa almacenaxe e do transporte.
-
s
f
[QUÍM ]
Resistencia dunha substancia explosiva a experimentar unha deflagración ou unha explosión espontánea.
-
s
f
[METEOR ]
Superposición regular das capas atmosféricas en orde decrecente de densidade.
-
s
f
[ECON ]
Situación dun sistema económico no que as condicións de equilibrio son consistentes e o desemprego e o índice xeral de prezos están controlados.