algarismo

algarismo

matemático árabe Al-Hwārizmī

Plural: algarismos
    1. s

      Cada un dos signos usados para a representación sistemática de cantidades.

    2. algarismo árabe

      Signo de orixe árabe que representa os números no sistema decimal.

    3. algarismo romano

      Signo que representa os números no sistema de numeración romana (I=1, V=5, X=10, L=50, C=100, D=500, M=1.000).

  1. s m [MAT ]

    Procedemento de cálculo que consiste en cumprir unha serie de instrucións ordenadas e finitas que conducen á solución do problema.

  2. algarismo de Euclides [MAT ]

    Sucesión de divisións enteiras que conducen á determinación do máximo común divisor (mcd) de dous números enteiros.

Sinónimos

Confrontaciones

número

Citas

  • O número 1,000 expresa unha cifra de catro algarismos

Formas incorrectas

guarismo