número
lat numĕru
-
s
m
Concepto matemático que indica unha cantidade.
-
-
s
Resultado de contar as cousas que forman un conglomerado ou calquera dos entes abstractos que resultan de xeneralizar este concepto.
-
s
algarismo.
-
número alxébrico
Número que é solución dunha ecuación alxébrica racional.
-
número aritmético
Número sen signo.
-
número cadrado/cadrado perfecto
Número enteiro que é igual a outro número enteiro elevado ao cadrado.
-
número cardinal
Número que expresa a cantidade de elementos dun conxunto.
-
número complexo
Número que se expresa como a suma dun número real e dun número imaxinario, en forma de polinomio de primeiro grao en i, a + bi.
-
número composto
Número que consta de máis dunha cifra.
-
número de ouro
número áureo.
-
número decimal
Número racional que, multiplicado por unha potencia positiva de 10, dá un número enteiro.
-
número díxito
Número que, no sistema de numeración decimal, consta dunha soa cifra.
-
número e
e.
-
número enteiro
Número que determina cantidades non fraccionables en partes máis pequenas ca a unidade.
-
número fraccionario/quebrado
Número racional non enteiro.
-
número hipercomplexo
Elemento dun espazo vectorial de máis de dúas dimensións onde está definido, ademais da adición característica dos espazos vectoriais, un produto que lle dá unha estrutura de anel.
-
número imaxinario
Número que non pertence ao campo dos números reais e que equivale á raíz cadrada de números negativos. A unidade imaxinaria represéntase por i, e vale Ö—-1 .
-
número impar
Número enteiro que non é múltiplo de dous.
-
número irracional
Número real que non pode expresarse mediante unha fracción ou un número enteiro.
-
número mixto
Número que se expresa como a suma dun número enteiro e un número fraccionario.
-
número natural
Número que serve para contar os elementos dun conxunto e no que se definen as operacións de adición e de multiplicación, pero non sempre son posibles as súas inversas.
-
número negativo
Número menor que o cero.
-
número ordinal
Número que expresa o lugar nunha sucesión de obxectos.
-
número par
Número enteiro que é múltiplo de dous.
-
número perfecto
Número enteiro que é igual á suma de todos os seus divisores agás el mesmo.
-
número periódico
Número decimal en que algunha cifra se repite indefinidamente.
-
número pi
pi.
-
número positivo
Número maior ca o cero.
-
número primo
Número enteiro que soamente é divisible por el mesmo e pola unidade.
-
número racional
Conxunto de fraccións equivalentes que representan unha mesma cantidade, enteira ou non.
-
número real
Número que se obtén ao medir magnitudes continuas.
-
número transcendente
Número real non alxébrico.
-
números amigos/amigables
Parella de números que cumpren que cada un deles é igual á suma dos divisores do outro, agás este outro.
-
números heteroxéneos
Números que non teñen os mesmos factores primos.
-
números homoxéneos
Números que teñen os mesmos factores primos.
-
números pitagóricos
Cada unha das ternas de números que son solución da ecuación x 2 + y 2 = z 2 .
-
s
-
s
m
[MAT ]
Concepto co que unha cousa é designada dentro dunha serie ou colección.
-
s
m
Cantidade que non se expresa con exactitude.
-
s
m
Cada edición dunha publicación periódica.
-
s
m
[ESPECT ]
Cada unha das exhibicións, das execucións ou das pezas que compoñen o programa dun espectáculo.
-
s
m
[LING ]
Categoría gramatical que opón a representación dunha entidade individualizada á representación de máis dunha delas. Afecta aos artigos, substantivos, pronomes, adxectivos e verbos.
-
s
m
Billete numerado co que se participa na lotaría ou noutros xogos de azar.
-
s
m col
Acción realizada por alguén que desexa chamar a atención ou que resulta desagradable e ridícula.
-
s
m
Membro dun organismo armado, como a Garda Civil ou a Policía, que non ten graduación.
-
[MAT ]
Teorema que vén definido polo teorema de Bernoulli e a lei forte dos grandes números.
-
[MAT ]
Lei que establece que a frecuencia relativa dun acontecemento ao longo de n tentativas converxe cara a probabilidade do acontecemento, para todos os valores comprendidos entre n e un N infinitamente grande.
-
[FÍS ]
Número adimensional que se obtén ao establecer a relación entre grupos de magnitudes físicas.
-
[IND/ARTE ]
Número que sobre o papel ou a película é indicador da produción.
-
[IND/ARTE ]
Número de referencia que se imprime nos bordos da película por efecto da luz.
-
[CRON ]
número áureo.
-
[FÍS ]
Número de nucleóns dun átomo.
-
-
Saldo acredor da conta de perdas e ganancias.
-
Situación debedora dun cliente con relación a un banco.
-
-
[MAT ]
Parte da matemática que estuda as relacións entre os números enteiros.
Citas
- Cando era nena o que máis lle gustaba do circo era o número dos pallasos
- Comprei para toda a familia o mesmo número de lotaría
- Escribín un artigo para o último número da revista
- Montoulle un número no bar porque estaba a falar cun rapaz
- Os descontentos son un pequeno número
- Traballaba na nave número 21
Refranes
- Ano de sete ¡quen o oíse e non o vise!
- Anos de nones son os peores.