entullo

entullo
Plural: entullos
  1. s m [XEOG ]

    Conxunto de sedimentos transportados e depositados por unha corrente de auga.

  2. s m

    Restos de ladrillos, madeiras, masa e outros materiais similares que quedan da realización dunha obra ou dunha construción cando se derruba e que ás veces se empregan para encher un buraco ou un desnivel.

  3. s m

    Restos de materiais que quedan dunha explotación mineira ou dunha canteira.

Sinónimos

Confrontaciones

enxurro

Citas

  • As cheas provocadas polas choivas encheron os camiños de entullo
  • As escavadoras retiraban o entullo do derrubamento, Encheron o pozo con entullo porque estaba contaminado