enteiro -ra

enteiro -ra

lat intēgru

Plural: enteiros Masculino: enteiro Masculino plural: enteiros Feminino: enteira Feminino plural: enteiras
  1. adx
    1. Que ten todas as súas partes, sen restricións e sen alteracións.

    2. Considerado na súa totalidade ou en toda a súa extensión.

  2. adx

    Que mantén a calma nunha situación difícil.

  3. adx [BOT ]

    Aplícase ás follas ou a outros órganos laminares de marxes continuas.

  4. s m [MAT ]

    Clase de equivalencia que a relación (a,b)R(c,d), se, e unicamente se, a+d=b+c, induce no conxunto do produto J´J, onde J é o conxunto dos números naturais. O conxunto destas clases de equivalencia, chamado conxunto cociente, é o conxunto dos números enteiros M={90,91,92,93,...}.

Citas

  • Aínda queda unha bola enteira de pan
  • Estaba moi enteiro cando lle deron a nova
  • O cristal quedou enteiro despois do golpe
  • Pasou a noite enteira sen poder durmir

Frases hechas

  • Por enteiro loc adv De forma completa.