emblema

emblema

lat emblēma gr ἕ μβλημα

Plural: emblemas
  1. s m

    Signo visible dunha idea que case sempre vai acompañado dunha lenda explicativa.

  2. s m

    Obxecto visible consagrado por uso para representar unha idea ou unha cousa abstracta.

  3. s m [BÉL ]

    Distintivo dos diferentes corpos e armas militares.

  4. s m [HERÁLD ]

    Lema dalgúns escudos.

  5. s m [LIT ]

    Composición de carácter didáctico-moral, cultivada especialmente nos ss XVI e XVII, formada por unha imaxe ou figura de carácter simbólico e unha explicación da idea de tipo moral, político ou social que suxire.

  6. s m [ARTE ]

    Imaxe central dun mosaico rodeada de orlas decorativas xeométricas, normalmente fabricadas con pedra do país, que representa imaxes decorativas con escenas ou figuras humanas e animais.

Sinónimos

Citas

  • Cada corpo militar ten o seu propio emblema
  • O emblema da xustiza é unha balanza