eficacia
eficacia
lat efficacĭa
-
s
f
Calidade de eficaz.
-
eficacia biolóxica
[XEN ]
Grao de adaptación dun organismo ao medio onde vive, adquirido ao longo da súa evolución.
-
eficacia biolóxica relativa
[BIOL ]
Relación entre a dose dunha radiación de referencia e a dose da radiación considerada, que produce o mesmo efecto biolóxico.
-
eficacia luminosa
[FÍS ]
Cociente, nunha radiación, entre o fluxo luminoso e o fluxo enerxético radiante. A unidade no SI é o lumen por watt (lm/W).
Citas
- A eficacia do medicamento está demostrada, A súa eficacia deixounos abraiados
Refranes
- Chegar e bicar é moito alcanzar.
- Dando na cabeza dáse en todo o corpo.
- Golpe dado non se quita.
- Máis fai o querer có poder.
- Máis quero burro que me leve, que cabalo que me deixe.
- Non hai mellor rede cá que colle o peixe.
- O sal, canto salga, tanto val.
- Un soilo golpe mata un home.
- ¡Benia o testo que sabe tapar a ola!
- ¡Benia o testo que tapa ben o pote!