dominio

dominio

lat domĭnĭu

Plural: dominios
  1. s m

    Acción de dominar ou dominarse.

    1. s

      Plenitude de facultades legalmente recoñecidas sobre unha cousa material.

    2. dominio absoluto

      Plenitude dos atributos que as leis lle recoñecen ao propietario dunha cousa para dispoñer dela.

    3. dominio público

      Conxunto de bens e dereitos, propiedade dos entes públicos que se destinan para o uso de todos ou para a prestación dun servizo público, e que se someten a un réxime xurídico especial de propiedade.

    4. dominio útil

      Conxunto de facultades de uso, gozo e outros dereitos, que ten aquel que recibe unha propiedade en enfiteuse ou un título semellante.

    1. s

      Terra da que se posúe a autoridade ou a propiedade.

    2. s [DER ]

      Territorio que un soberano ou un Estado ten baixo o seu poder.

    3. s [BOT ]

      División fitoxeográfica que equivale a provincia.

    4. s [HIST ]

      Grande explotación agrícola que constituía unha das partes en que se dividían os territorios feudais, base da organización económica do réxime señorial.

    5. dominio climácico [BOT ]

      Territorio en que a vexetación tende a un mesmo clímax.

  2. s m

    Campo dunha ciencia ou dunha actividade intelectual ou artística.

  3. s m [BIOQ ]

    Rexión particular dentro da estrutura terciaria dunha proteína.

  4. dominio de definición [MAT ]

    Conxunto de puntos en que está definida unha función.

  5. dominio espectral [FÍS ]

    Parte do espectro dunha radiación electromagnética e, en xeral, parte dun espectro.

  6. dominio lingüístico
    1. Coñecemento profundo dunha lingua que se manifesta na súa análise e no seu uso.

    2. Territorio en que se fala unha lingua ou un dialecto.

Sinónimos

Confrontaciones

control

Citas

  • É unha das teorías máis completas dentro do dominio da física aplicada
  • O seu dominio abarcaba todo o val
  • O seu dominio das matemáticas deixou abraiado a todo o mundo, O rapaz tiña un gran dominio da bicicleta
  • Os reis tiñan un dominio absoluto sobre os seus súbditos, Co ioga conseguiu o completo dominio de si mesmo

Refranes

  • O boi, pola corda; e o home, pola boca.
  • O home, pola parola; e o boi, pola corda.
  • Quen non é dono de si, non é dono de nada.