dominante

dominante

lat dominante

Plural: dominantes
  1. adx

    Que domina por ser superior en forza ou ser máis aparente.

  2. adx

    Que tende a dominar os outros de maneira despótica.

  3. adx [XEN ]

    Aplícase ao alelo, á serie de alelos ou ás mutacións que producen ou presentan dominancia.

  4. adx [ECOL ]

    Aplícase ás especies que teñen a biomasa máis grande dentro dun ecosistema, e que modifican as condicións ambientais de tal xeito que o resto das especies quedan supeditadas a elas.

  5. adx [MÚS ]

    Aplícase ao quinto grao da escala diatónica na distancia dunha quinta xusta da tónica. Tm s f.

Citas

  • Daquela este país era a potencia dominante, Na súa pintura o vermello era a cor dominante
  • Sempre foi un pai dominante cos seus fillos