dominancia

dominancia

lat dominantia lat domināre ‘dominar’

Plural: dominancias
  1. s f

    Calidade de dominante.

  2. s f [XEN ]

    Relación que existe entre dous alelos dun heterocigoto que presenta o fenotipo moito máis semellante ao dun dos proxenitores homocigóticos ca o do outro.

  3. s f [ECOL ]

    Feito de seren ou non dominantes, e o grao en que o son, as especies que integran unha comunidade.

  4. dominancia apical [BOT ]

    Fenómeno que consiste no desenvolvemento da xema apical e no retardamento do crecemento das xemas laterais debido á acción das auxinas.