diferenza

diferenza
Plural: diferenzas
    1. s

      Calidade pola que unha persoa ou cousa se distingue doutra.

    2. diferenza específica

      Calidade ou conxunto de notas que na definición dun concepto o distinguen doutros correspondentes ao mesmo xénero.

  1. s f

    Falta de acordo, causa de disensión ou materia de controversia entre dúas ou máis persoas.

    1. s

      Magnitude ou cantidade que resulta da substracción entre dúas magnitudes ou cantidades da mesma natureza.

    2. cálculo de diferenzas

      Estudo da variación dunha función en función da variación dunha variable. O operador diferenza ∆ defínese mediante a expresión ∆f(x)=f(x+ω)-f(x).

    3. diferenza de conxuntos

      Dados dous conxuntos A e B, conxunto formado polos elementos do primeiro conxunto A que non pertencen ao segundo B, é dicir, AB’.

  2. s f [MÚS ]

    Modulación dentro do mesmo compás.

    1. diferenza de latitude

      Arco do meridiano comprendido entre os paralelos de dous puntos.

    2. diferenza de lonxitude

      O máis pequeno dos arcos de ecuador comprendidos entre os meridianos de dous puntos.

  3. diferenza de potencial de contacto [TECNOL ]

    Diferenza de potencial que existe entre dous metais que están conectados electricamente ou entre as bases de dous semicondutores.

  4. diferenza de potencial eléctrico [TECNOL ]

    Traballo realizado polas forzas do campo eléctrico para trasladar a unidade de carga eléctrica positiva desde un punto a outro.

  5. diferenza ontolóxica [FILOS ]

    Diferenza entre o ser e o ente, onde o ente é o de aquilo que aparece, mentres que o do ser sería aquilo que posibilita toda aparición.

  6. diferenzas individuais [PSIC ]

    Diferenzas que inflúen na variabilidade da conduta que afecta aos seres humanos e ás especies animais.

  7. partir a diferenza [DER ]

    Ceder, cada un dos litigantes, unha parte similar á cantidade que reclaman, para que ningún resulte demasiado prexudicado.

Formas incorrectas

diferencia