diagrama
lat diagramma gr διάγραμμα ‘deseño’
-
s
m
Representación gráfica dun fenómeno, dunha lei ou da distribución das partes dunha cousa.
-
s
m
Representación gráfica que se traza xeralmente nun plano, dotado duns eixes de coordenadas co fin de ilustrar a relación que existe entre dúas cantidades variables.
-
diagrama bioclimático
[CLIMAT ]
Representación gráfica en que se relacionan variables que inciden no tempo atmosférico, tomadas nun período e nun territorio concretos, e que permite caracterizar o clima dese territorio.
-
diagrama de barras
[MAT ]
Representación gráfica dunha variable estatística, xeralmente discreta, en que aparecen os valores da variable xunto coa súa frecuencia relativa, que se representa en forma de barra ou segmento de lonxitude proporcional a dita frecuencia. OBS: Tamén se denomina gráfico de barras.
-
diagrama de bloques
[FÍS/ENX ]
Representación gráfica en que as unidades esenciais dun sistema, frecuentemente electrónico, se trazan en forma de rectángulos ou bloques, e a súa interacción se representa por liñas que unen estes bloques.
-
diagrama de fases/equilibrio
[QUÍM ]
Representación gráfica que mostra a relación entre as fases sólida, líquida e gasosa ao modificárense unha serie de condicións como a temperatura ou a presión.
-
diagrama de fluxo
[TECNOL ]
Representación gráfica da secuencia de operacións constitutivas dun proceso.
-
diagrama de forzas
[FÍS ]
Representación gráfica de todas as forzas que actúan sobre un corpo ou un sistema de partículas materiais.
-
diagrama de punto de ebulición-composición
[QUÍM ]
Representación gráfica que mostra a variación do punto de ebulición e da composición do vapor dunha mestura de dous líquidos ao variar a composición da mestura líquida de partida.
-
diagrama de sectores
[MAT ]
Representación gráfica formada por un círculo en que cada sector corresponde a unha modalidade e as porcentaxes son proporcionais á superficie do sector. OBS: Tamén se denomina gráfico de sectores ou diagrama circular.
-
diagrama floral
[BOT ]
Gráfico da simetría da flor e do número e a posición das pezas florais.
-
diagrama foliar
[BOT ]
Representación gráfica da disposición das follas.
-
diagrama ombrotérmico de Gaussen
[CLIMAT ]
Gráfico que relaciona a partir dun eixe de abscisas e ordenadas as curvas que describen as temperaturas medias mesuais, rexistradas ao longo dun ano nun observatorio meteorolóxico concreto coas precipitacións mensuais (medidas en mm) recollidas nese mesmo período e lugar.
Citas
- Os diagramas axúdanlle a estudiar mellor