agonista

agonista

agón

Plural: agonistas
  1. adx [ANAT ]

    Relativo ao músculo que contribúe á realización dun movemento ou acción.

  2. adx [BIOQ ]

    Aplícase á droga, hormona ou substancia transmisora que ten relación de complementariedade cun receptor, para provocar unha resposta.

  3. s [DEP ]

    Persoa que practica o deporte da loita.

  4. s [LIT ]

    Diálogo conflitivo entre dous personaxes na antiga comedia grega aristofánica.

Citas

  • Ese home cando era agonista foi campión do mundo