desconfianza

desconfianza

desconfiar

Plural: desconfianzas
s f

Falta de confianza.

Ex: A desconfianza dos cidadáns débese á mala xestión do goberno.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A desconfianza dos cidadáns débese á mala xestión do goberno.

Refranes

  • Á que mira de reollo non lle fíes os teus aforros.
  • Alcalde de vara verde e muller de pouco importa non hai que fiar deles eousa.
  • De canto oes, non te fíes.
  • De quen pon os ollos no chan non te fies; man por mano
  • Galiñas serán -dixo o zorro- mais chéiranme a can.
  • Hoxe en día ¿quen é o que se fía?
  • Inda daquelo que vexas, nin a metade creas.
  • Na confianza está ás veces o perigo.
  • Non confíes, nin fies, nin emprestes e vivirás mellor do que quixeres.
  • Non creas a metade do que vexas; e da metade do que vexas, a metade non a creas.
  • Non digas mal de ninguén e non te enganarás pensa mal de todos e sobre ti estarás.
  • Non fíes en maquía de muiñeiro, nio creas en comida de despenseiro.
  • Non te fíes de mulleres nin emprestes a parentes.
  • O que non se fía non é de fiar.
  • O rato non se fía dun só burato.
  • Pensa ben e non saberás de quen.
  • Pensa mal de todos e sobre ti estarás.
  • Pensa mal e acertarás.
  • Pensa o ladrón que todos son da súa condición.
  • Un ollo ao prato e outro ao gato.
  • Ver para crer,
  • ¡Fíate de Deus e non corras e xa verás se tropezas!
  • ¿Boa moza con diñeiro, eu forasteiro e a min ma dan? ¡Tarán tarantán!