confianza

confianza

confiar

Plural: confianzas
  1. s f

    Seguridade da persoa que conta co carácter, a capacidade, a boa fe e a discreción de alguén ou confía en si mesmo ou nalgunha cousa.

  2. s f
    1. Relación que existe entre persoas que teñen moita amizade, parentesco ou que tratan desde hai tempo.

    2. Familiaridade excesiva entre persoas.

  3. cláusula de confianza [DER ]

    Estipulación testamentaria mediante a que o testador lle confía a unha terceira persoa a realización de determinados actos que fan posible o cumprimento da súa vontade.

  4. intervalo de confianza [MAT ]

    Intervalo

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A amizade comporta confianza, e nós aínda non temos moita
  • Comezou o novo traballo cheo de confianza
  • Como tiña que marchar, confioulle o rapaz unhas horas, Confiáronlle ao servicio secreto os documentos que trataban da traizón
  • Confío en que virá mañá, Non confiabamos en que resistise a operación
  • Confío na miña memoria e espero non esquecer o recado, Confío en que me axuden todos os meus irmáns
  • Confío plenamente na súa palabra, Confía nel, que te levará por bo camiño, Mellor non confíes nos xogos de azar
  • Confiouse demasiado e suspendeu o exame, Confiouse do rapaz e caeulle polas escaleiras
  • Deulle demasiadas confianzas e agora non sabe cómo frealo, Tomou confianza de máis e resulta impertinente
  • O camaleón confía a súa defensa á capacidade que ten para cambiar de cor
  • Só lle confío os meus asuntos persoais ao meu mellor amigo
  • Ten moita confianza en Alberte, Mentres non collas confianza non podes conducir o todoterreo, A confianza no éxito é indispensable en calquera empresa

Refranes

  • A confianza moitas veces mata o home.
  • A moita confianza trae consigo a mala crianza.
  • A moita manualidade é causa de menosprecio.
  • Cada un para si vale por dous / por dez / por cen
  • Cando vos pedimos, dona vos dicimos; e cando vos temos, chamámosvos como queremos.
  • Chama confiado a porta quen trae unha boa nova.
  • Fianza en Deus que é santo vello.
  • Nin de burlas nin de veras co teu amo partas peras.
  • No tempo e na morte non hai fianza I seguranza.
  • O que en si confía erra cada día.