descompoñer

descompoñer

des- + compoñer

  1. v t

    Facer que unha cousa deixe de funcionar ben.

  2. v t

    Separar algunha cousa nos elementos que a compoñen.

  3. v t

    Facer saír do seu sitio un óso.

  4. v t

    Causar algo diarrea a alguén.

  5. v t

    Alterar un corpo orgánico mediante un proceso de putrefacción.

  6. v t

    Facer perder a serenidade.

  7. v pron

    Deixar de funcionar algo.

  8. v pron

    Ter diarrea.

  9. v pron

    Botarse a perder unha cousa ou alterarse a súa natureza.

  10. v pron

    Perder a serenidade por algo.

Sinónimos

Confrontaciones

analizar, apodrentar

Citas

  • A calor descompuxo os cadáveres
  • A maionesa descompúxoo e estivo tres días mal
  • Andou na máquina de coser e descompúxoa toda
  • Coa crise descompúxose o proxecto de formar unha empresa, Descompúxose todo o palleiro cando choveu
  • Descompúxenme porque comín moitas ameixas
  • Descompuxo a substancia no laboratorio, Descompuxo a oración en partes
  • Descompuxo o roupeiro todo e non encontrou o que buscaba, A chuvia descompuxo os nosos plans, Quixo mellorar o nó da gravata e descompúxoa aínda máis
  • Descompúxose a máquina de escribir de vella que era
  • No enterro non podía máis e descompúxose ao ver o cadaleito
  • O carbonato cálcico descomponse co ácido sulfúrico, As nubes descompuxéronse co sol
  • Os alimentos descompóñense rapidamente no verán
  • Saber a nova da morte de súa nai descompúxoa
  • Xogando o partido déronlle unha patada e descompuxo o nocelo
Conjugar
VERBO descompoñer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descompoño
descompós
descompón
descompoñemos
descompoñedes
descompoñen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descompoñía
descompoñías
descompoñía
descompoñiamos
descompoñiades
descompoñían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descompuxen
descompuxeches
descompuxo
descompuxemos
descompuxestes
descompuxeron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descompuxera
descompuxeras
descompuxera
descompuxeramos
descompuxerades
descompuxeran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descompoñerei
descompoñerás
descompoñerá
descompoñeremos
descompoñeredes
descompoñerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descompoñería
descompoñerías
descompoñería
descompoñeriamos
descompoñeriades
descompoñerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descompoña
descompoñas
descompoña
descompoñamos
descompoñades
descompoñan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descompuxese
descompuxeses
descompuxese
descompuxesemos
descompuxesedes
descompuxesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descompuxer
descompuxeres
descompuxer
descompuxermos
descompuxerdes
descompuxeren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
descompón
-
-
descompoñede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descompoñer
descompoñeres
descompoñer
descompoñermos
descompoñerdes
descompoñeren
Xerundio descompoñendo
Participio descomposto
descomposta
descompostos
descompostas