aglutinante

aglutinante

aglutinar

Plural: aglutinantes
  1. adx

    Que aglutina.

  2. s m

    Material capaz de unir fragmentos dunha ou varias substancias e de dar cohesión ao conxunto por efecto exclusivamente físico.

  3. s m [CONSTR ]

    Material que serve para trabar os morteiros ou como elemento de unión entre as pezas dun muro.

  4. s m [IND ]

    Substancia empregada en fundición para evitar que a área que compón os moldes se disgregue.

  5. s m [PINT ]

    Substancia líquida na que se dilúen os pigmentos pictóricos unindo as súas partículas.

  6. s m [QUÍM/IND ]

    Substancia adhesiva ou que, por reacción con outra, pode desenvolver propiedades adhesivas e actuar como tal.

Sinónimos

Citas

  • Con este aglutinante especial non vai romper máis
  • Todas estas son substancias aglutinantes