aglutinación

aglutinación

lat aglutinar

Plural: aglutinacións
  1. s f

    Acción de aglutinar ou aglutinarse.

  2. s f [LING ]

    Procedemento polo que dúas ou máis palabras se xuntan para constituír unha soa.

  3. s f [MED ]

    Aglomeración de determinados corpúsculos en suspensión portadores dun antíxeno pola presenza, no líquido da suspensión, do anticorpo específico correspondente.

  4. aglutinación sanguínea [FISIOL ]

    Aglutinación dos eritrocitos como consecuencia da reacción específica dos aglutinóxenos ante as súas correspondentes aglutininas.

Citas

  • A aglutinación de palabras dun xeito desordenado crea confusión