dereito -ta

dereito -ta

lat directu

Plural: dereitos Masculino: dereito Masculino plural: dereitos Feminino: dereita Feminino plural: dereitas
  1. adx

    Que non presenta ningún cambio de dirección.

  2. adx

    Que está en posición vertical.

  3. adx

    Que está situado, respecto a unha persoa, na banda oposta á do corazón.

  4. s m

    Cara ou lado principal dun tecido, dunha páxina ou dun obxecto.

    1. s

      Conxunto de leis, preceptos e regras de conduta obrigatorias, establecido e autorizado polo Estado e respaldado polo seu poder, ao que están sometidos os homes na súa vida social, que fixa e tutela unha determinada organización das relacións sociais.

    2. dereito administrativo

      Conxunto de normas do dereito público interno que rexen a organización e a actividade das administracións públicas.

    3. dereito adquirido

      Dereito conseguido ou gañado por alguén antes do feito ou do acto que se lle opón para impedirlle o seu exercicio ou o seu gozo.

    4. dereito autonómico

      Normas emanadas dos órganos dunha comunidade autónoma ou dun Estado federal.

    5. dereito canónico

      Normas xurídicas ditadas pola autoridade eclesiástica con potestade lexislativa.

    6. dereito civil

      Normas que regulan as relacións xurídicas entre particulares, e que protexen tanto a persoa coma os seus intereses de orde moral e patrimonial.

    7. dereito común

      Normas legais que constitúen a base dos dereitos especiais.

    8. dereito comunitario

      Disposicións legais que regulan o funcionamento das institucións da Unión Europea e as súas relacións cos estados membros.

    9. dereito constitucional

      Normas que constitúen o Estado e que garanten os dereitos fundamentais.

    10. dereito consuetudinario

      Prácticas, hábitos e usos xurdidos da vontade popular que, logo dun uso reiterado, derivan en norma con rango de lei.

    11. dereito de xentes [lat: ius gentium]

      Normas aplicadas a todos os homes libres da antiga Roma, formado por institucións comúns a todos os pobos, nacido da razón natural fronte ao dereito civil, exclusivo de Roma e dos seus cidadáns.

    12. dereito foral

      Dereitos especiais que rexen nun determinado territorio recollido nun foro.

    13. dereito internacional

      Regras xurídicas que rexen as relacións internacionais, os vínculos entre os cidadáns de diferentes estados ou a situación xurídica dos estranxeiros respecto ao territorio no que actúan.

    14. dereito marítimo

      Regras xurídicas referentes aos diversos dereitos e obrigacións que afectan á navegación comercial nacional e internacional, especialmente, ao transporte de pasaxeiros ou mercadorías en barcos.

    15. dereito mercantil

      Normas destinadas a regular a organización e a actividade profesional dos empresarios no mercado.

    16. dereito militar

      Conxunto de disposicións legais que regulan a organización e as funcións das forzas armadas.

    17. dereito natural

      Principios xurídicos non recollidos no ordenamento xurídico, teoricamente superiores ao dereito positivo e aos que este se ten que acomodar.

    18. dereito penal

      Normas xurídicas que determinan as accións e as omisións consideradas nocivas na orde establecida, caracterizadas coma delitos ou faltas, reprimidas e castigadas con penas ou medidas de seguridade, no exercicio da postestade que o Estado se atribúe en nome da sociedade.

    19. dereito político

      Rama do dereito público interno que trata dos problemas fundamentais e primarios do Estado.

    20. dereito positivo

      Normas xurídicas que informan e regulan de forma efectiva a vida dunha comunidade nun determinado momento histórico.

    21. dereito procesual

      Normas que regulan a actividade das partes e a tarefa da tutela xurídica en todo proceso xudicial.

    22. dereito público

      Normas que regulan a ordenación xeral e o funcionamento do Estado e as súas relacións cos seus súbditos e cos outros estados.

    23. dereito real

      Normas que regulan as relacións xurídicas das persoas cos bens e coas cousas.

    24. dereito romano

      Regras que presidiron as relacións xurídicas do pobo romano nas diferentes épocas da súa historia e que perviviu ata os ss XIX e XX.

    25. dereito tributario

      Principios e normas xurídicas que regulan as relacións xurídicas de natureza tributaria e os procesos administrativos de aplicación, xestión e control de tributos.

    26. dereitos civís

      Dereitos recoñecidos e garantidos polas constitucións e polas leis aos cidadáns dun estado, en canto se recoñecen que son inherentes á personalidade humana.

    27. dereitos fundamentais

      Dereitos subxectivos de carácter público, establecidos pola constitución ou por outras leis políticas, expresión dos dereitos humanos inherentes a toda persoa no ordenamento político.

    28. dereitos humanos

      Conxunto de dereitos fundamentais da persoa humana recoñecidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, proclamada pola ONU (1948).

  5. s m [DER ]

    Sistema que ten por obxecto o estudo sistemático dun ordenamento xurídico, establecendo as categorías e elaborando un todo conexo en relación coa formación social e co tempo histórico no que transcorre.

    1. s

      Impostos ou taxas que gravan determinadas mercadorías.

    2. dereitos especiais de xiro

      Medida de pagamento internacional emitida polo FMI desde 1968, para aliviar a falta de liquidez dos Estados.

    3. dereitos reais

      Denominación antiga do imposto que grava as transmisións patrimoniais e outros actos xurídicos.

  6. adv

    Sen desviarse.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Coloca os paos ben dereitos,Ten oitenta anos e anda dereita coma unha moza
  • Entre esas dúas vilas a estrada é dereita coma un fío, ¡Non ten as pernas tortas; tenas ben dereitas! ¡Tes que mirar ao escribir de facer as liñas máis dereitas!
  • Escribe coa man dereita, Non ve do ollo dereito
  • O dereito da tea tiña un defecto, Só escribe polo dereito dos folios
  • Ó saír da escola vai dereita á clase de música, Foi dereito ao que quería dicir, Colleu un voo dereito a Santiago
  • Puxo as laranxas á dereita e as peras á esquerda
  • Segues todo dereito e ao chegar onda o hospital torces á esquerda
  • Ten a casa na marxe dereita do río

Refranes

  • Dous irmáns nun concello fan torto do dereito.
  • Onde forza non hai, dereito se perde.

Palabras vecinas

dereita dereitismo dereitista dereito -ta dereitura deriva derivábel