déficit
déficit
lat deficĕre ‘faltar’
-
-
s
Cantidade que falta para que os ingresos se equilibren cos gastos ou o haber co deber.
-
déficit da balanza de pagamentos
Exceso de importacións voluntarias de bens, servizos e valores financeiros superiores a exportacións similares.
-
déficit orzamentario
Exceso dos gastos públicos, superiores aos ingresos estatais, durante o ano financeiro.
-
s
-
s
m p ext
Escaseza ou falta de algo que se considera necesario.
-
déficit de saturación
[FÍS ]
Medida da humidade do aire que se expresa como a diferenza entre a presión de saturación e a presión do vapor de auga que hai no aire.
-
déficit hídrico
[XEOG ]
Relación negativa que se establece entre a precipitación meteórica e a humidade no solo requirida para o desenvolvemento óptimo dunha determinada especie vexetal, en función da evapotranspiración potencial.
Antónimos
Citas
- Este ano houbo déficit na producción de viño e non se puido satisfacer a demanda dos clientes
- Tiveron que despedir varios traballadores polo déficit que presentaban as contas da empresa