defensor -ra

defensor -ra

lat defensōre

Plural: defensores Masculino: defensor Masculino plural: defensores Feminino: defensora Feminino plural: defensoras
  1. adx

    Que defende. Tm s.

  2. adx [DER ]

    Que se designa para a defender os intereses dunha persoa ou entidade nun procedemento xudicial Tm s, referido a avogado.

  3. defensor do vínculo [DER ]

    Eclesiástico que nas causas sobre a existencia do vínculo do matrimonio ten como misión propoñer e expor o que poida ser aducido contra a nulidade ou disolución.

  4. defensor xudicial [DER ]

    Persoa designada polo xuíz para a garda e protección dos menores ou incapacitados, ou dos seus bens, en determinados casos previstos no dereito.

Citas

  • As persoas defensoras da muralla de Lugo obtiveron o seu premio ao declarala Patrimonio da Humanidade, Os defensores do castelo rendéronse sen condicións
  • Os avogados defensores non estaban conformes coa sentencia