defensa

defensa

lat tardío defēnsa

Plural: defensas
    1. s

      Acción de defender ou defenderse.

    2. defensa persoal

      Técnica que permite defenderse de calquera agresión.

  1. s f

    Aquilo que se di ou escribe para defender algo ou alguén.

    1. s

      Cousa que defende ou protexe.

    2. s

      Conxunto de obras de fortificación que serven para defender unha cidade ou outra posición.

    3. s

      Peza que se coloca na parte dianteira e traseira dos vehículos para protexelos dos golpes.

    4. s [ETN ]

      Protección empregada tradicionalmente para gardarse do demo e das bruxas.

    5. s [MAR ]

      Proteccións que se colocan no costado dunha embarcación para preservala dos choques ou rozamentos.

    6. s [ECOL ]

      Conxunto de estruturas, secrecións, procesos inmunolóxicos ou comportamentos dos que se serven os seres vivos para manter a súa integridade física.

    7. defensa muscular [FISIOL ]

      Contracción muscular involuntaria que tende a inmobilizar as rexións corporais que son moi dolorosas se se produce algún movemento.

    8. mecanismos de defensa [PSIC ]

      Conxunto de medidas inconscientes adoptadas polo individuo para protexerse dos efectos que derivan dunha situación desagradable, física ou mental, de aparición frecuente.

    1. s

      Dereito que ten a persoa de demostrar, por ela mesma ou mediante unha persoa letrada, a falta de fundamento daquilo do que se lle acusa.

    2. s

      Parte que actúa como defensora nun proceso xudicial.

    3. s

      Representante da parte que se defende.

    4. s

      Conxunto de alegacións e razoamentos expostos polo avogado defensor no acto do xuízo para soster as teses favorables ao seu cliente e desvirtuar as alegacións da parte contraria.

    5. s

      Actuación profesional do avogado en interese do seu cliente, dentro dun procedemento xudicial ou administrativo.

    6. defensa de pobre

      Beneficio procesual que consiste na administración gratuíta de xustiza, outorgada a aquelas persoas que non dispoñen de recursos económicos.

    7. defensa social

      Conxunto de técnicas e disposicións que tratan de aplicar medidas non coercitivas contra os reos, substituíndo as penas de prisión tradicionais por sistemas reeducativos e rehabilitadores.

    8. lexítima defensa

      Circunstancia que exime da responsabilidade criminal cando se actúa en defensa da persoa ou dos dereitos, propios ou estraños, se a agresión é ilexítima e sempre que o xeito de impedila sexa racional.

  2. s [DEP ]

    Membro dun equipo deportivo que se sitúa nas áreas do terreo de xogo próximas á súa propia meta e que ten como misión principal impedir que os contrarios acaden os obxectivos do xogo.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A defensa que realizou resultou pouco convincente
  • A súa misión era destruír as defensas inimigas
  • Saíu o outro día un libro sobre a defensa do galego no s XIX
  • Tivo un accidente contra un valado e escachou a defensa do seu coche novo
  • Un coitelo era a súa única defensa contra o inimigo, Os gritos de socorro foron a súa defensa contra os lobos

Refranes

  • A muller aguda co seu home se escuda.
  • Non fai pouco quen se defende doutro.