decreto

decreto

lat decrētu

Plural: decretos
    1. s

      Resolución, decisión ou determinación realizada polo xefe do Estado, polos órganos colexiados do goberno do Estado ou das comunidades autónomas ou por un tribunal ou xuíz sobre calquera materia ou negocio.

    2. decreto lei

      Decreto con rango de lei ditado con carácter provisional polo goberno en casos de extraordinaria e urxente necesidade e que, no período máximo de trinta días, debe ser aceptada ou rexeitada polo Congreso de los Diputados.

    3. decreto lexislativo

      Decreto con rango de lei ditado polo poder executivo que contén lexislación delegada polo poder lexislativo.

    1. s

      Forma particular que asumen as ordes escritas provenientes da autoridade eclesiástica competente.

    2. decreto xeral

      Decreto co que o lexislador establece prescricións comúns a unha comunidade.

  1. s m [DER ]

    Decisión ou sentenza que ditaba o emperador para resolver as controversias que se lle presentaban sen suxeitarse ás regras do procedemento ordinario.

Sinónimos