abertura

abertura

lat apertura

Plural: aberturas
  1. s f

    Acción e efecto de abrir ou abrirse.

  2. s f

    Separación entre dúas cousas próximas ou entre dúas partes dunha mesma cousa.

  3. s f

    Espazo baleiro ou desocupado, situado nunha parede ou construción, que dá paso a un lugar ou permite a entrada da luz.

  4. s f [LING ]

    Treito articulatorio que se refire á distancia intermaxilar ou linguopalatal e que se emprega como característica relevante para cualificar os fonemas dunha lingua segundo o seu modo de articulación.

  5. s f [BOT ]

    Poro xerminativo dos grans de pole por onde xorde o tubo polínico.

  6. s f [FÍS ]

    Magnitude que mide a dimensión dos feixes de luz que penetran nun instrumento óptico.

  7. s f [MAT ]

    Grao de diverxencia dos costados dun ángulo.

Confrontaciones

buraco, fenda, greta, regaña

Citas

  • A abertura dunha nova canle de comunicación vai ampliar a visión informativa dos espectadores
  • Ese caldeiro perde auga pola abertura que ten no fondo, Os bombeiros tiveron que facer unha abertura na parede do edificio para rescatar os superviventes
  • Están proxectadas dez aberturas para esa casa nas que se colocarán outras tantas ventás

Formas incorrectas

obertura