aberto -ta

aberto -ta
Plural: abertos Masculino: aberto Masculino plural: abertos Feminino: aberta Feminino plural: abertas
  1. p irreg

    abrir.

  2. adx

    Que sufriu abertura.

  3. adx

    Que permite o paso.

  4. adx

    Que non presenta obstáculos.

  5. adx

    Que está falto de protección ou defensa.

  6. adx

    Que se pode utilizar ou é de uso libre.

  7. adx

    Que se comunica co exterior.

  8. adx

    Que presenta unha fendedura.

  9. adx
    1. Que manifesta unha actitude comprensiva e receptiva fronte a situacións ou criterios diversos.

    2. Que se comunica facilmente cos demais, establecendo unha relación sincera e franca.

  10. adx

    Aplícase ao grupo, unha asemblea ou outra agrupación calquera onde non hai límite de participación.

  11. adx [LING ]

    Que en posición tónica se realiza, articulatoriamente, mediante unha separación intermaxilar ou linguopalatal que crea unha maior abertura para a saída do aire.

  12. adx [FÍS ]

    Que non permite o paso da corrente eléctrica.

Frases hechas

  • Aberto de man. Persoa xenerosa.

  • Aberto de par a par / aberto de pao a pao. Aberto por completo.

  • Aberto de xenio Persoa franca.

  • Quedar coa boca aberta. Quedar abraiado ou aparvado por algo.