cruzado -da

cruzado -da

cruzar

Plural: cruzados Masculino: cruzado Masculino plural: cruzados Feminino: cruzada Feminino plural: cruzadas
  1. p reg

    cruzar.

  2. adx

    Que está colocado en forma de cruz ou disposto transversalmente.

  3. adx
    1. [BIOL ]

      Que é resultado da reprodución sexual entre individuos de distinta especie ou entre individuos da mesma especie pero con características xenotípicas distintas.

    2. [BOT ]

      Aplícase ao tipo de polinización en que o pole que chega ao pistilo dunha flor procede doutra.

  4. s [HIST ]

    Individuo que participaba nunha cruzada.

  5. s m
    1. Moeda de ouro portuguesa medieval e moderna.

    2. Moeda de prata portuguesa de 480 reais cuñada en 1750.

    3. Moeda castelá de billón cuñada por Enrique II.

  6. ligamento cruzado [ANAT ]

    Ligamento que reforza a articulación do xeonllo.

Citas

  • Estivo coas pernas cruzadas toda a tarde, Éche incorrixible, sempre che deixa o coche cruzado no medio da rúa
  • Para ir á festa el puxo a chaqueta azul cruzada e ela a saia branca cruzada
  • Trouxéronnos un can cruzado de pastor belga e pastor alemán

Palabras vecinas

cruz cruzabico cruzada cruzado -da cruzamento cruzar Cs