cruzabico

cruzabico

cruzar + bico

Plural: cruzabicos
  1. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave do xénero Loxia, pertencente á familia dos frinxílidos, de aspecto groso, coas mandíbulas do peteiro cruzadas, ás e cola de cor negra e o resto da plumaxe de cor vermella nos machos ou verde acastañada nas femias.

  2. cruzabico cabezón [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave, da familia dos frinxílidos, que presenta a cabeza e o pescozo moi grosos, e o peteiro arredondado, cos bordos de cor branca.

  3. cruzabico común [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave, da familia dos frinxílidos, propia de bosques de piñeiros, abetos e alerces da franxa boreal de Norteamérica, Europa e Asia.

  4. cruzabico escocés [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave, da familia dos frinxílidos, sedentaria dos bosques de piñeiro rubio do N de Escocia.

  5. cruzabico faixado [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave, da familia dos frinxílidos, cunha dobre franxa nas ás de cor branca.

Palabras vecinas

crural crustáceo -a cruz cruzabico cruzada cruzado -da cruzamento