crótalo

crótalo

lat crotālu gr κρόταλον ‘castañola’

Plural: crótalos
  1. s m [ANIMAL ]

    Serpe velenosa do xénero Crotalus, da familia dos vipéridos, que se caracteriza por presentar no extremo da cola unha estrutura de aneis córneos, encaixados entre eles, que axita cando se excita de xeito que produce un son semellante ao do axóuxere.

  2. s m pl [MÚS ]

    Instrumento de percusión, semellante a unhas castañolas, empregado nas antigas civilizacións orientais para marcar o ritmo das danzas.