crítico -ca

crítico -ca

lat critĭcu gr κριτικός ‘capaz de xulgar’

Plural: críticos Masculino: crítico Masculino plural: críticos Feminino: crítica Feminino plural: críticas
  1. adx

    Relativo ou pertencente á crise.

  2. adx

    Aplícase á situación que produce un cambio substancial.

    1. adx

      Que decide a evolución dunha enfermidade.

    2. idade crítica

      Época en que se produce o climaterio.

    1. adx

      Aplícase ás condicións que determinan un cambio no desenvolvemento dun fenómeno ou nas propiedades dun corpo.

    2. punto crítico

      temperatura crítica.

    3. punto crítico

      Composición dun sistema no momento en que, engadindo un solvente a dous líquidos parcialmente miscibles, as dúas solucións chegan a ter a mesma composición e se transforman nunha soa fase.

    1. adx

      Relativo ou pertencente á crítica.

    2. s

      Persoa que se dedica á crítica.

Sinónimos

Citas

  • A súa relación pasa por un momento crítico
  • Os críticos non aceptaron as novas medidas políticas
  • Pasou por unha situación moi crítica antes de restablecerse de todo
  • Tiven que ler unha edición crítica da obra de Manuel Antonio para facer un traballo sobre a súa relación coas vangardas

Palabras vecinas

criticar criticismo criticista crítico -ca croa croar croata