corredor -ra

corredor -ra

correr

Plural: corredores Masculino: corredor Masculino plural: corredores Feminino: corredora Feminino plural: corredoras
    1. adx

      Que corre.

    2. s

      Persoa que toma parte nunha carreira.

    1. s [ECON ]

      Persoa que fai de intermediaria en operacións mercantís polo que percibe unha comisión ou retribución.

    2. s [HIST ]

      Pregoeiro oficial dun municipio ou doutra administración pública encargado da comunicación ou difusión de avisos e disposicións.

    3. corredor de bolsa [ECON ]

      Axente encargado da mediación nas operacións do mercado de valores por conta dun particular.

    4. corredor de cambios [HIST ]

      Axente encargado de solicitar letras ou diñeiro prestado, e que axusta os cambios de interese.

    5. corredor de comercio [DER ]

      Axente mediador encargado da promoción e intervención de contratos mercantís entre as partes, dando fe dos mesmos na súa condición de feudatario público colexiado.

    6. corredor de mercadorías ou de lonxa [HIST ]

      Corredor encargado de asistir aos mercadores na distribución do seu xénero, solicitando compradores.

    7. corredor de seguros [DER ]

      Persoa física ou xurídica que realiza a actividade mercantil de mediación en seguros privados, sen manter vínculos que supoñan afección con entidades aseguradoras, ofrecendo asesoramento imparcial a quen pretende contratar un seguro.

    8. corredor intérprete de buques [DER ]

      Axente colexiado que actúa no comercio marítimo, exercendo de feudatario público nos contratos nos que intervén.

  1. s m
    1. Paso no interior dunha edificación, que comunica distintos compartimentos.

    2. Parte da casa constituída por unha estrutura de madeira disposta de forma horizontal e un chan de táboas ou lousas de xisto fixadas sobre un entramado que se sitúa ao longo da fachada principal.

    3. [MAR ]

      Parte lateral da cuberta dunha embarcación que permite pasar de proa a popa polos lados da caseta.

    4. [ARQUEOL ]

      Pasaxe estreita que conduce á cámara ou anta megalítica.

  2. s m [XEOG ]

    Franxa de territorio dun estado interior que atravesa o territorio doutro para servirlle de acceso a un porto marítimo.

  3. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave, da familia dos glareólidos, que presenta unha plumaxe amarela pálida, pernas longas de cor crema, peteiro curto, aguzado e curvado cara a abaixo e cunha liña superciliar branca e outra negra desde o ollo ata o cocote.

Confrontaciones

balcón, galería, solaina

Citas

  • Aposto por ese cabalo porque é moi corredor
  • Deitouse a tomar o sol no corredor do barco
  • Os corredores inscritos deben presentarse no pavillón antes da carreira
  • Pasa o tempo lendo no corredor polas mañás
  • Pasoulle unha capa de verniz ao corredor que dá aos cuartos