galería

galería

lat tardío galilalea ‘pórtico’

Plural: galerías
  1. s f
    1. Espazo arquitectónico interior sostido por arcos ou columnas, ás veces con vidreiras aos dous lados ou nun só.

    2. Balcón cerrado con vidreiras construído na fachada exterior dunha casa, que ten a súa orixe nos balcóns, solainas e galerías abertas características da arquitectura tradicional galega do s XVII.

  2. s f

    Camiño subterráneo escavado para o acceso á explotación dunha mina.

  3. s f [MAR ]

    Balcón que se abría na popa dos navíos sobre a prolongación das cubertas. Nas unidades de tres cubertas había dous balcóns, un correspondente á camara alta e outro á do medio.

    1. s

      Colección de pinturas e outras obras de arte, que poden ser públicas (mostran as obras cun fin expositivo) ou privadas (buscan a venda da obra exposta).

    2. galería de arte

      Establecemento público, xeralmente de carácter privado, dedicado á exhibición e á venda de obras de arte.

  4. s f

    Lugar destinado ao público en certos espectáculos.

  5. s f [XEOG ]

    Banda alongada de vexetación diferenciada que segue a ribeira dun río ou outro accidente do relevo.

  6. galería de tiro [BÉL ]

    Lugar pechado, longo e rectilíneo, a miúdo subterráneo, que está acondicionado para efectuar traballos experimentais de investigación teórica e técnica relacionados coa fabricación e o disparo das armas de fogo.

Confrontaciones

balconada, solaina

Citas

  • Abriron unhas galerías con todo tipo de tendas
  • O ministro fixo estas declaracións de cara á galería

Formas incorrectas

galaria

Palabras vecinas

galeote galera galerada galería galerista galerna galés -sa