contumaz

contumaz

lat contŭmāce

Plural: contumaces
  1. adx

    Aplícase á persoa que se resiste obstinadamente a unha idea sen atender a razóns ou consellos, mesmo sendo consciente de estar equivocada.

  2. adx [DER ]

    Que non se presenta a xuízo tras ser citado ou que foxe da acción da xustiza.

Sinónimos

Confrontaciones

rebelde

Citas

  • É un home tan contumaz que ninguén quere conversar con el
  • Mostra sempre unha actitude contumaz