contubernio

contubernio

lat contubernĭo

Plural: contubernios
  1. s m

    Convivencia entre dúas ou máis persoas, xeralmente considerada ilícita.

  2. s m

    Entendemento entre dúas ou máis persoas, habitualmente en prexuízo doutra, ou asociación de intereses ilícitos.

  3. s m [HIST ]

    Unión sexual entre escravos ou entre individuos libres e escravos, que non tiña o rango de matrimonio segundo o dereito romano.

Citas

  • O contubernio dos máis fortes prexudica á maioría