continxencia

continxencia

lat contingentĭa

Plural: continxencias
  1. s f
    1. Calidade do que é continxente.

    2. [FILOS ]

      Posibilidade de que algo sexa ou non sexa.

  2. s f

    Suceso posible e imprevisto, xeralmente negativo.

  3. táboa de continxencia [MAT ]

    Táboa de dobre entrada en que se clasifican os elementos dunha poboación en función de dúas variables.

Citas

  • A continxencia do seu retraso fixo que adiaramos a reunión dous días
  • As continxencias da vida levárono sempre ao fracaso, Levabamos cartos de máis por se había algunha continxencia