contador -ra
lat computatōre
-
adx
Que conta ou serve para contar.
-
s
Persoa que leva a contabilidade dunha empresa.
-
-
s
Aparato para medir a cantidade dun fluxo ou dunha enerxía que pasa por un lugar determinado, ou tamén para rexistrar o número de acontecementos repetitivos.
-
contador de auga
Aparato para medir a cantidade de auga que flúe por un conduto.
-
contador de gas
Aparato para medir o volume dun gas que pasa por un conduto.
-
contador de impulsos
Circuíto ou dispositivo electrónico destinado a contar unha sucesión de impulsos eléctricos.
-
contador eléctrico
Aparato para medir a enerxía eléctrica que se transmite por un circuíto ou liña eléctrica.
-
s
-
-
s
Tipo de detector utilizado especialmente para a conta de partículas que inciden nel.
-
contador de Geiger-Müller
Contador que mide a radiación ionizante que incide nel.
-
contador de escintileo
Dispositivo que detecta partículas ao contar as escintilacións que se producen nun escintilador.
-
s
Sinónimos
Citas
- Compraron unha máquina contadora de moedas