contacto
lat contactu
-
s
m
Feito de tocar fisicamente unha persoa ou unha cousa a outra.
-
s
m
Relación social de dúas ou máis persoas.
-
s
m
Persoa que fai de intermediaria para obter algunha cousa.
-
s
m
[ASTRON ]
Instante en que o punto luminoso dun astro que se eclipsa entra ou sae do cono de sombra do corpo que eclipsa.
-
s
m
-
Condición de dous corpos condutores que se tocan co fin de establecer o paso de corrente eléctrica dun a outro.
-
Peza condutora destinada a establecer un contacto con outra semellante para producir o peche ou a abertura dun circuíto eléctrico.
-
-
s
m
[ESTRATIG ]
Superficie plana que separa dúas masas contiguas de rocha.
-
s
m
[IMAX ]
Copia das mesmas dimensións ca o negativo que se realiza ao poñer en contacto, durante a exposición, o papel co negativo orixinal.
-
s
m
[TRANSP ]
Peza metálica disposta a modo de traveseiro, colocada entre os carrís e conectada cos sinais dunha instalación de bloqueo que, ao pasar unha locomotora, acciona un dispositivo sonoro desta cando a vía está ocupada.
-
s
m pl
[COMUN ]
Sección dun medio de comunicación escrito en que se anuncian persoas que buscan coñecer outras ou que ofrecen relacións sexuais.
-
contacto lingüístico
[LING ]
Área da investigación lingüística e sociolingüística que se centra na análise das causas e das consecuencias daquelas situacións en que conviven, nun mesmo espazo social e territorial, dúas ou máis variedades lingüísticas diferentes.
Citas
- Aforraron moitas colas gracias a ter un contacto no ministerio
- Debes evitar o contacto co enfermo, Non se pode producir o contacto entre as dúas especies
- Hai tempo que non teño contacto con eles, pero gustaríame que nos xuntaramos, Os funcionarios teñen contacto co público