consigna

consigna

consignar

Plural: consignas
  1. s f
    1. Orde ou norma de conduta que se lle dá a unha persoa.

    2. [BÉL ]

      Orde que se lle dá a un subordinado que permanece nun posto de vixilancia, como sentinela ou garda.

  2. s f

    Lugar nas estacións de ferrocarril e outros medios de transporte en que se recolle e garda provisionalmente a equipaxe dos viaxeiros.

Citas

  • As consignas son claras: hai que avanzar sobre territorio inimigo
  • Esa estación de autobús non tiña consigna
  • Levamos os paquetes á consigna antes de visitar a cidade
  • No debate formulou as súas consignas para as eleccións
  • Os conxuradores tiñan a consigna de atacar ao mencer
  • Pediume a consigna e non me lembraba das palabras exactas