condutancia

condutancia
Plural: condutancias
  1. s f [FÍS ]

    Compoñente real do vector admitancia Y nun circuíto de corrente alterna. Simbolízase por G, e vale G=RY 2 , onde R é a resistencia. A súa unidade de medida no SI é o siemens.

  2. condutancia aparente [FÍS ]

    admitancia.

  3. condutancia equivalente [FÍS ]

    Condutancia dun electrólito que contén un equivalente gramo da substancia disolta, medida entre dous electrodos paralelos situados á distancia de 1 cm e de superficie suficiente para conter o volume necesario.

  4. condutancia eléctrica específica [FÍS ]

    condutividade eléctrica.

  5. condutancia magnética [FÍS ]

    permeancia.

  6. condutancia mutua [FÍS ]

    transcondutancia.

Formas incorrectas

conductancia