condición

condición

lat conditĭōne

Plural: condicións
  1. s f
    1. Calidade ou circunstancia necesaria para que se dea un feito determinado.

    2. [DER ]

      Determinación que se inclúe nun negocio xurídico pola que se subordinan os efectos dun negocio, na súa totalidade ou nalgunha das súas cláusulas, ao cumprimento dun acontecemento incerto.

    3. [FILOS ]

      Circunstancia necesaria para a produción dun fenómeno pero que, a diferenza da causa, non intervén nesta positivamente.

    4. [FILOS ]

      Antecedente dun xuízo hipotético.

  2. s f

    Calidade propia dun ser ou dunha cousa por natureza.

  3. s f

    Posición que ocupa unha persoa na xerarquía social.

  4. s f

    Estado ou circunstancia en que se atopa unha persoa ou unha cousa.

  5. s f
    1. Estipulación que pactan as partes nun contrato.

    2. Cláusula obrigatoria do cumprimento da que depende a validez dun acto.

    1. s

      Presuposto que se ten que cumprir para que sexa certa unha proposición.

    2. condicións de contorno

      Condicións que cómpre impoñer á solución xeral dunha ecuación diferencial para que tome uns determinados valores en puntos ou zonas concretas do dominio de valores da variable independente.

    3. condicións iniciais

      Condicións que cómpre impoñer á solución xeral dunha ecuación diferencial a fin de que tome, ela e as súas derivadas, uns determinados valores para un valor especificado da variable independente.

  6. condicións normais [FÍS ]

    Situación dun sistema sometido a unha presión de 760 mm de Hg e a unha temperatura de 0°C.

Sinónimos

Citas

  • As condicións que puxo para entrar na cooperativa non son razoables
  • É fácil intimar con el porque é de condición nobre
  • É un home de condición
  • Métese en continuas leas pola súa condición violenta
  • Non me atopo en óptimas condicións para afrontar esta empresa, Vive nunhas condicións infrahumanas, A súa condición laboral non lle permite ter vacacións, Este coche non está en boas condicións
  • O príncipe protagonizou un matrimonio morganático ao casar cunha muller de baixa condición, Os escravos e mais os homes libres son de distinta condición
  • Posúe moi boas condicións para o estudio