concluír

concluír

lat concludĕre

  1. v t

    Pór fin a unha cousa que se está a realizar.

  2. v t

    Chegar a través dun razoamento a unha conclusión.

  3. v t [DER ]

    Pór fin ás alegacións en defensa dunha parte, unha vez respondidas as da contraria.

  4. v i

    Chegar algo á súa fin.

  5. v pron

    Acabarse algo.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Concluímos a reunión ás once da mañá, O arquitecto concluíu a obra en tres meses
  • Concluíron os exames, As conferencias concluíron o luns, Concluíuse a festa cos fogos de artificio
  • Destas proposicións concluímos que todos os homes son mortais
  • O tribunal concluíu que o acusado era culpable
Conjugar
VERBO concluír
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conclúo
conclúes
conclúe
concluímos
concluídes
conclúen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concluía
concluías
concluía
concluïamos
concluïades
concluían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concluín
concluíches
concluíu
concluímos
concluístes
concluíron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concluíra
concluíras
concluíra
concluiramos
concluirades
concluíran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concluirei
concluirás
concluirá
concluiremos
concluiredes
concluirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concluiría
concluirías
concluiría
concluiriamos
concluiriades
concluirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conclúa
conclúas
conclúa
concluamos
concluades
conclúan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concluíse
concluíses
concluíse
concluisemos
concluisedes
concluísen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concluír
concluíres
concluír
concluírmos
concluírdes
concluíren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
conclúe
-
-
concluíde
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concluír
concluíres
concluír
concluírmos
concluírdes
concluíren
Xerundio concluíndo
Participio concluído/concluso
concluída/conclusa
concluídos/conclusos
concluídas/conclusas