conato

conato

lat cōnātu ‘esforzo, intento’

Plural: conatos
  1. s m

    Inicio dunha acción que non se completa na súa totalidade.

  2. s m [LING ]

    Termo que se aplica ao presente e ao copretérito para indicar que expresan o comezo dunha acción ou que esta se intenta e non se realiza.

  3. s m [DER ]

    Intento non consumado de efectuar un acto con contido delituoso.

Citas

  • A vila alarmouse polo conato de inundación
  • Denunciárono por un conato de agresión