comuñón
lat communĭōne ‘participación conxunta’
-
s
f
Acción de comungar.
-
-
s
Recepción do sacramento da eucaristía.
-
comuñón dos santos
Expresión formulada no Símbolo dos Apóstolos que subliña o sentido universal da participación na vida de Deus de todos os membros da Igrexa.
-
comuñón espiritual
Práctica piadosa consistente nun acto interior de fe e de pregaria eucarística que se fai en lugar da comuñón, cando non se pode recibir o sacramento.
-
comuñón pascual
Precepto imposto a todos os fieis cristiáns no IV Concilio de Letrán (1215), polo que se lles obriga a recibir o sacramento da eucaristía cando menos unha vez ao ano e en caso de padeceren unha doenza grave.
-
primeira comuñón
Recepción da eucaristía por primeira vez na vida.
-
s
-
s
f
-
Participación nas cousas non materiais que son comúns.
-
[RELIX ]
Comunidade que tende á máxima participación dos seus membros.
-
-
s
f
Grupo de persoas con ideas afíns.
Citas
- A comuñón das ideas pacifistas conseguiu a desmilitarización da zona
- A revista estaba editada pola comuñón socialista
- Achegouse ao altar no momento da comuñón