composición
lat compositĭōne
-
s
f
Acción, efecto ou xeito de compoñer(se) ou de compor(se).
-
s
f
-
Aquilo que se compón.
-
Obra artística musical ou literaria.
-
-
s
f
[QUÍM ]
Proporción dos distintos elementos que forman parte dun composto ou dunha mestura.
-
s
f
[ARTE ]
Disposición, nunha determinada obra, de figuras, cores, volumes, formas ou outros elementos.
-
s
f
[MÚS ]
Parte do estudo da música que versa sobre as regras para compoñer.
-
s
f
[LING ]
Unión de dous ou máis elementos constitutivos que existen previamente como palabras na lingua, e que forman unha palabra nova cun significado conceptual propio e autónomo.
-
s
f
[GRÁF ]
Conxunto de operacións necesarias para levar a cabo a reprodución dun texto sobre un soporte apto para imprimilo.
-
s
f
-
Resolución extraxudicial dun conflito pactada polos mesmos interesados ou por terceiras persoas e o amigable compoñedor, ás que lles manda un convenio transaccional ou unha resolución nunha escritura de compromiso.
-
Substitución dunha penalidade por unha indemnización.
-
-
s
f
[HIST/DER ]
Convenio ou emenda que, de acordo co sistema penal de vinganza privada, restablece a paz que perturbara unha ofensa criminal entre persoas ou entidades mediante as indemnizacións que se consideraban suficientes.
-
s
f
[HIST/DER ]
Emenda ou reparación dun dano ou prexuízo, tanto de orde penal como civil, que se realizaba entre os ss X e XII.
-
composición de funcións/aplicacións
[MAT ]
Resultado de efectuar un número finito de funcións ou aplicacións de forma sucesiva.
Sinónimos
Citas
- A composición poética gañadora era dun autor novel
- Explicounos a composición do cadro
- moble bar), dous adxectivos ( branquiazul), un substantivo e un adxectivo ( porco bravo), un verbo e un substantivo ( picafollas) e un substantivo, preposición e substantivo ( estrela de mar), Dende o punto de vista fonolóxico, as palabras compostas fórmanse por xustaposición, cando os dous elementos conservan a súa forma gráfica e fónica ( sapoconcho), e por aglutinación, cando a palabra ten un só acento porque o primeiro elemento sofre alteracións e perde o seu acento fonético ( puntiagudo), Dende o punto de vista sintáctico, as palabras compostas clasifícanse pola funcionalidade dos elementos en endocéntricas, se un dos elementos pode substituír os dous ( garda civil) e exocéntricas, se non se pode facer a substitución ( vacaloura); e polo procedemento de unión, en compostos por coordinación ( agridoce) ou por subordinación ( cabalo do demo)
- O amañador non me deixou ben trala última composición
- O mestre mandoulles escribir unha composición aos alumnos