comportamento

comportamento

comportar

Plural: comportamentos
  1. s m

    Maneira de comportarse.

  2. s m [PSIC ]

    Conxunto de reaccións adaptativas dun individuo nun medio e nunha unidade de tempo determinados.

  3. comportamento animal [BIOL ]

    Conxunto de accións coas que os animais afrontan os cambios que se producen no ambiente e se adaptan a el.

  4. comportamento colectivo [SOCIOL ]

    Comportamento social máis ou menos espontáneo que numerosos individuos manifestan ao mesmo tempo, en presenza dun mesmo estímulo ou de situacións afíns.

  5. comportamento electoral [SOCIOL ]

    Proceso de formación e expresión das preferencias políticas individuais respecto das alternativas políticas presentes no procedemento da votación.

  6. comportamento político [SOCIOL ]

    Comportamento social capaz de influír directamente sobre o funcionamento do sistema político e dos seus principais compoñentes.

Citas

  • O seu comportamento foi moi adecuado

Palabras vecinas

compoñer compor comporta comportamento comportar composición composite*