complexo -xa
-
adx
Que está formado por diversos elementos.
-
adx
Que é difícil de solucionar ou entender pola súa complicación.
-
-
s
Conxunto de establecementos agrupados nunha zona determinada e cunha coordinación común.
-
complexo industrial
Conxunto de industrias agrupadas nunha zona determinada.
-
s
-
s
-
Conxunto de tendencias inconscientes que determinan as actividades e o comportamento do individuo.
-
Calquera preocupación máis ou menos obsesiva provocada polos propios defectos físicos, frustracións ou outras carencias.
-
-
s
m
[QUÍM ]
Composto químico que contén un átomo ou un ión central, xeralmente dun metal de transición, aceptador de electróns, rodeado dun grupo de ións ou de moléculas (ligandos), doadores de electróns.
-
complexo absorbente
[ECOL ]
Conxunto de asociacións que acostuma ter categoría de biocenose.
-
complexo adsorbente
[XEOL ]
Conxunto de coloides minerais e orgánicos presentes no solo, que reteñen e intercambian ións.
-
complexo antíxeno-anticorpo
[FISIOL ]
Complexo macromolecular formado polo antíxeno unido ao seu anticorpo específico. OBS: Tamén se denomina complexo inmune ou inmunocomplexo.
-
complexo arxilohúmico
[XEOL ]
Conxunto de substancias producidas pola unión entre ácidos húmicos e arxila coloidal.
-
complexo climácico
[ECOL ]
Conxunto das comunidades vexetais que conviven nun mesmo dominio climácico.
-
complexo cultural
[ANTROP/CULT ]
Agrupación integrada por trazos culturais, durable, difusible interculturalmente e restrinxida a un só aspecto dentro dunha área cultural.
-
complexo de comunidades
[ECOL ]
Conxunto de comunidades que constitúen unha unidade na paisaxe vexetal.
-
complexo encima-substrato
[BIOQ ]
Estado transitorio no decurso dunha reacción química catalizada por un encima no que se combina a molécula encimática cunha ou varias moléculas de substrato.
-
complexo glaciofluvial
[XEOG ]
Conxunto de formas de relevo construídas conxuntamente polo xeo e polas augas que proveñen da fusión deste xeo.
-
complexo maior de histocompatibilidade
[XEN ]
Conxunto de xenes dos vertebrados que codifican unha gran familia de proteínas da superficie celular, unen fragmentos de proteínas alleas e os presentan aos linfocitos T para inducir a resposta inmune.
-
complexo multiencimático
[BIOQ ]
Asociación supramolecular proteica formada pola integración de diferentes proteínas encimáticas, na que cada unha delas mantén a súa propia estrutura cuaternaria pero actúan de maneira coordinada.
-
complexo primario de Ghon
[PAT ]
Lesión constituída por un pequeno infiltrado pulmonar (chancro de Ghon) e unha adenopatía rexional, no hilo do pulmón.
-
complexo soluble
[BIOQ ]
Asociación de monómeros de fibrina ou de produtos da degradación do fibrinóxeno que se pode detectar no plasma no decurso de certos estados patolóxicos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].