comparsa

comparsa

ital comparsa ‘acción de comparecer, comparsa’

Plural: comparsas
  1. s f

    Conxunto de persoas que en festas públicas, especialmente no Entroido, van vestidas ou disfrazadas igual.

  2. s f

    Persoa ou conxunto de persoas que actúa nunha representación teatral ou cinematográfica formando parte do acompañamento.

  3. s f p ext

    Individuo que, estando presente nunha acción, permanece en silencio e sen participar.

Sinónimos

Citas

  • A comparsa que participou na rodaxe estaba formada por cen persoas
  • A nosa comparsa foi a máis rechamante e parrandeira
  • Chamárono da televisión local para ser comparsa nunha serie nova
  • O gremio pareceu unha comparsa na reunión coa patronal, Os estados pouco desenvolvidos actúan como comparsas nas xuntanzas internacionais