comparativo -va

comparativo -va

lat comparativu

Plural: comparativos Masculino: comparativo Masculino plural: comparativos Feminino: comparativa Feminino plural: comparativas
  1. adx

    Que establece unha comparación ou que compara.

  2. adx [LING ]

    Aplícase ao grao de significación do adxectivo que compara a calidade expresada por el coa mesma calidade noutro individuo ou noutra cousa, con outra calidade no mesmo individuo ou na mesma cousa e mesmo dúas calidades en dous individuos ou cousas diferentes.

Citas

  • , pequeno/menor, usadas en alternancia coas formas analíticas máis bo, máis malo, máis grande, máis pequeno, Maior e meirande non son exactamente sinónimos, e, polo tanto, non son sempre intercambiables: maior ‘máis grande’ ou ‘máis vello’ e meirande ‘máis grande, de maior tamaño’ ( Meu irmán é maior ca min, naceu un ano antes/*Meu irmán é meirande ca min, naceu un ano antes, De todos eses agasallos, quero o maior ou o meirande), Outras formas sintéticas latinas, como inferior, superior, anterior e posterior, aínda que poden ter valor comparativo, non se constrúen da mesma maneira ( Ese é superior ao teu), e outros xa perderon en gran medida o seu valor primitivo (interior, exterior), Tanto as formas analíticas coma as sintéticas poden ir modificadas por adverbios (moito máis pequeno, bastante mellor, ben peor), Hai adxectivos que sen ser comparativos teñen significado comparativo, e van seguidos dun segundo termo ( É preferible que fagas iso a que logo te arrepintas)
  • Colleu máis follas ca lapis, Ceamos máis do que debemos, Prefiro bailar que cantar, Recolleu tantas cebolas coma allos, Fala como pensa)
  • Eu son máis alta ca ti), con outra calidade no mesmo individuo ou na mesma cousa ( A viaxe foi máis instructiva ca divertida) e mesmo dúas calidades en dous individuos ou cousas diferentes ( Eu son máis mañoso do que ti es forte), Nestas comparacións pódese establecer unha relación de superioridade (comparativo de superioridade), de igualdade (comparativo de igualdade) e de inferioridade (comparativo de inferioridade), En cada un dos casos as partículas correlativas que se empregan son diferentes: o comparativo de igualdade segue o esquema xeral de tan,,coma/como ( El é tan sincero coma ti, O espectáculo foi tan divertido como esperaba); o comparativo de superioridade, máis,,ca/que/do que ( El é máis sincero ca ti, Le máis novela que ensaio, O espectáculo foi máis divertido do que esperaba); e o comparativo de inferioridade, menos,,ca/que/ do que ( El é menos sincero ca ti, Hoxe vai menos calor que onte, O espectáculo foi menos divertido do que esperaba), As formas coma e ca son obrigatorias cando van seguidas de pronome persoal tónico ( Bailou tanto coma min, Él éche moito máis espelido ca ti); como e que son obrigatorias cando van seguidas de predicado en forma persoal ( Foi tan astuta como eu imaxinaba, Mente máis do que fala), agás que a cláusula do segundo termo da comparación vaia introducida por determinados nexos, como se, cando ou relativos que, quen, onde, xa que nestes casos pode empregarse coma e ca ( Encollín os ombros coma/como quen que non o sabía, Despediuse coma/como se non fose volvelo ver, Nada cambiara, todo era como/coma cando era un cativo); no resto dos casos é opcional o uso de coma/como e ca/que ( Gustáballe tanto bailar coma/ como cantar, No cesto de costura había máis fíos brancos ca/que vermellos), O comparativo de igualdade e inferioridade pode ir intensificado cun cuantificador (moito máis/menos + adxectivo) que o achega ao valor superlativo ( Despois de tantos anos, parecía moito máis nova ca antes), Ademais, a lingua tamén presenta unhas formas comparativas sintéticas, restos dos comparativos flexionais latinos: bo/mellor, malo/peor, grande/maior ou meirande
  • meirande é sintético en galego pero non procede dun sintético latino