coma

coma

lat comma gr κόμμα ‘corte, parte dun período’

Plural: comas
  1. s f
    1. Signo de puntuación (,) que marca unha pequena pausa de pouca duración que se produce dentro dun enunciado.

    2. Signo matemático, que ten a mesma forma ca o signo de puntuación que se emprega para separar, nunha fracción decimal, a parte decimal da parte enteira.

  2. s f
    1. Intervalo de fraccións do ton. Considérase o intervalo de ton enteiro dividido en nove comas (dez, segundo algúns) e tamén se aplica a algunhas outras fraccións de ton.

    2. Signo (’) indicador das respiracións ou das pequenas separacións de sentido, na notación da música vocal e instrumental.

Citas

  • 519,834, onde a coma separa as 519 unidades das 834 milésimas, OBS: Algunhas notacións empregan o punto (,) no lugar da coma, 519,834
  • O seu cabalo corre tanto coma o teu, É tan traballadora coma desorganizada, Quixera ser tan célebre coma Rosalía de Castro, Ten tantas posibilidades coma min de ocupar ese posto, Tanto che me ten este coma esoutro, Despois de dous anos volvín á casa, todo seguía coma antes) , O seu uso é obrigatorio cando precede a un pronome persoal tónico ( Ela é tan alta coma ti ); mentres que se substitúe por como cando o segundo termo da comparación é un predicado verbal en forma persoal ( É tan agudo como aparenta) , agás que a cláusula do segundo termo da comparación vaia introducida por determinados nexos, como se , cando ou relativos que , quen , onde , xa que nestes casos tamén se pode empregar coma ( Representou o papel coma/como cando tiña trinta anos, Contoumo coma/como se fose un segredo, Fixo coma/como quen que non escoitaba ); nos demais casos pode alternar o uso con como ( Este ano estudiou tanto coma/como o ano pasado, Tanto me ten estudiar coma/como traballar, Pode ir tanto hoxe coma/como mañá ), OBS: Debe terse en conta que a partícula coma só pode utilizarse cando a expresión ten valor comparativo e non modal ( * Escribe coma fala ), Nalgúns casos a distinción entre un valor e o outro é difícil de discernir; nestes casos, cando o valor equivale a ‘igual ca’ debe utilizarse coma ( Recibíronme coma unha raíña ), pola contra, se equivale a ‘segundo’, ‘conforme’ ou ‘en calidade de’ debe utilizarse como ( Tes que facelo como che indica o esquema, Recibíronme como unha raíña, Como escritor publicou cinco obras )

Frases hechas

  • Con puntos e comas. Con todos os detalles. Ex: Explicou o sucedido con puntos e comas.

Palabras vecinas

com- coma coma coma coma comadre comadrón, comadroa